1. |
Día Novo
03:32
|
|
||
DÍA NOVO
Negro
Todo era negro e borrou
Certo
Nada era certo e pechou
O solpor dun día novo chegou
Un día novo chegou
O QUE ERA MÁIS NEGRO A GRISALLA TORNOU
O QUE ERA MÁIS BRANCO EN ESPERANZA MUDOU
O QUE ERA VERMELLO UN SORRISO ALUMOU
E BRILLOU, E BRILLOU, E BRILLOU… UN DÍA NOVO CHEGOU
UN DÍA NOVO CHEGOU
Esperto, un día esperto e vexo
Advirto que algo a belo trocou
O esplendor dun día novo chegou
Un día novo chegou
O QUE ERA MÁIS NEGRO...
E cambiou, a miña vida cambiou
E sorrín, dun día a outro sorrín… x2
E sorrín, e sorrín, e vivín
Dun día a outro sorrín, e sorrín e vivín…
Lucía da Fonte / Xuño 2014
ITH
|
||||
2. |
|
|||
HOXE POR TI E MAÑÁ POR TI
E QUERO, E SINTO, QUE TEÑO GANAS DE SORRIR
DEBUXO, ADIVIÑO, EU VISUALIZO UN NOVO PORVIR
E PENSO, NON PENSO NO QUE PODEREI VIVIR
E SOÑO, NON É UN SOÑO, É A RIQUEZA DO MEU EXISTIR
QUE XA NINGUÉN VAI DECIDIR x2
Alma dos seráns, hilaridade sen termo, arroupada sempre estiven
Infames influxos que lles fixeron facer
O que o corazón non quería crer
Infames influxos
E QUERO…
Mais de vez en cando cómpre pensar
Que a alma da xente non é de metal
Aínda que saque sorrisos de onde non os hai
Talvez estea mal
Vivencias coas que medrei
Bo alento, mal alento, que máis dá!
Foi un descubrir
Que un “hoxe por ti e mañá por min”
Eran só palabras que querían dicir
“Hoxe por ti e mañá por ti”
Porque era un dar e non recibir
Cega, ignorante de min
Descoñecía a explicación
A realidade do seu influír
E XA NINGUÉN VAI DECIDIR x2
Lucía da Fonte / 2007- 2014
ITH
|
||||
3. |
Non son Eu
03:44
|
|
||
NON SON EU
Axitación pola miña instrución
Ocupación do meu tempo, onde deixei a razón?
Onde? x2
Non podo andar, rebento a chorar
Cavilar sen parar do que me espera no máis alá
Onde? x2
BUSCO, ATOPO, NON PODO, SUSPIRO
ENFERMO, PADEZO, NON VEXO, NON SINTO X2
Se o pago contigo, perdoa
Se che berro e che digo, perdoa!
Non son eu x4
BUSCO... X2
Lucía da Fonte / Abril 2009
ITH
|
||||
4. |
|
|||
RECORDOS QUE AÍNDA MANCAN
Conserva o que tes
Relega o que morde
Loita polo que envexas
Indulta a quen te fira
Conserva…
E PASAMOS A VIDA
ESPERANDO QUE PASE ALGO
E ESE ALGO
PODE SER QUE NON CHEGUE
PODE SER QUE TE CEGUE
PODE SER O QUE ESPERES DEL X2
Por iso, fai o que queiras facer
Antes de que se converta no que che gustaría ter feito
Por iso, que non se adhiran a ti os medos que non te deixan sorrir
De tempos que van rancios
Non fagas da túa vida un borrador
Talvez non teñas tempo de pasalo a limpo
E PASAMOS…
Desfruta de quen te ama
Non xulgues o valor do que che pasa
Ata que se disfraza
De recordos que aínda mancan
Desfruta…
Lucía da Fonte / Febreiro 2014
ITH
|
||||
5. |
Loitar por ser
03:47
|
|
||
LOITAR POR SER
E lembro aquí como te coñecín
Non minto se digo que non te vin
Agora ves aquilo que te empeñabas
... en non ver?
... en non querer crer?
... en non poder saber?
... en non loitar por ser?
Atendía o teu conversar
De Parca e loito, quen saberá?
Dubidaba que era mellor
De non pensar, debo actuar
Tendinche a man, collíchesma
Mais sen razoar
Inxenua naqueles anos
Pululabamos nas noites
As noites de Compostela
Da Carraca á Berenguela
A flor murchou, no estío voou
Outono marrón, na neve esvarou
Non vimos o sol
Quizais eu si
Mais ti non
Xa non hai sol
Non tes máis sol
Non tes máis ar
Non podes, non podes, non podes, non podes respirar
Nada de ti, non, nada de min
Onde estás? Con quen vas?
Xa non estás non, xa non estás!
Lucía da Fonte / Abril 2014
ITH
|
||||
6. |
Terapia Breve
03:42
|
|
||
TERAPIA BREVE
Cando dámos máis peso ao pensamento que ao sentimento
Hedonismo que nos caracteriza
Ostentación, maldita ostentación que deberiamos facer
mais da única riqueza que posuímos: o sorriso
Fármaco potencial, un cosmético antienvellecemento
Que nos coida, que nos guía, que abriga…
Somos responsables da nosa propia prosperidade
Que non se pode entender sen esforzo e suor
A clave é a conxugación do verbo compartir
E canto máis se fai, máis se é feliz
E se hai que cambiar e ao empeño chamar
A destreza de adaptarse ao que hai
Buscando máis alá x3
Aprender a vivir, esa materia que suspendemos
Como exemplo a seguir, a peregrinaxe
Xa ves, que envellecemos dende a fecundación
Xa ves, que sen sacrificio non hai satisfacción
Aprender a vivir, esa materia que suspendemos
Como exemplo a seguir, a peregrinaxe
O pracer en si non trae a felicidade
Só se é feliz ignorando a futilidade
Lucía da Fonte / Setembro 2014
ITH
|
||||
7. |
E logo...Que?
05:16
|
|
||
E LOGO… QUE?
Falecer sen querer
Coa vontade de alcanzar
Un lugar que nin sequera se ve
Demoler o cotián
Sen saber onde ir parar
Pregunto:
Para que? Por que? … o que?
REDES QUE NON ESTÁN
QUE SE PERDEN, QUE NON VOLVERÁN
TRANQUILA, QUE A VIDA OUTROS LAZOS TRAERÁ
CAVILANDO MOITAS VECES CUESTIONO:
ATA ONDE SE DEBE CHEGAR?
ATA ONDE VALE A PENA APOSTAR? x2
... E LOGO... QUE?
Se é que hai un obxectivo claro faimo ver
Se é que esta é a forma, déixame!
E cando o humano perde a razón de ser
Eu xa non quero optar a ese poder
REDES QUE NON ESTÁN... x2
... E LOGO... QUE? x2
Lucía da Fonte / Xullo 2014
ITH
|
||||
8. |
Deixa
04:09
|
|
||
DEIXA
Necesariamente vivo producindo unha ficción para o meu sentido
Na feitura desta escura habitación, cantas horas por finxir?
Necesariamente morto para valer un prezo e unha razón
E seguir finxindo unha e outra vez neste circo interminable de dor
Uuuuuuuuu u huuuu
Uuuuu, huuuu
Non hai saída non hai solución x3
non hai saída non, non, non…
Deixa os teus escudos para loitar
Deixa o que non queiras realizar
Deixa que te leve a outro lugar
Deixa que, deixa que, deixa que…
Outra vez habemos de empezar x3
Outra vez …
Belém Tajes
ITH
|
||||
9. |
Django
03:28
|
|
||
DJANGO
Non teme á luz, non teme á negritude
Non teme á vida, non teme á morte
Non teme a quen pregunta
Non teme a deus, non
Non teme a quen pode vir
Non teme a quen lle di que non
RESPIRA, E MIRA, E FAITE FORTE X3
Non teme á lúa, non teme ao aviso fatuo
Non teme enriba, non teme embaixo
Non teme a quen pregunta...
RESPIRA, E MIRA, E FAITE FORTE X4
Non teme á sorte, non teme a quen lle importe
Non teme á vida, non teme á morte
Non teme a quen pregunta...
Non teme á sorte...
Non teme a quen pregunta...
RESPIRA, E MIRA, E FAITE FORTE X2
Belém Tajes
ITH
|
||||
10. |
Está Ben
03:37
|
|
||
ESTÁ BEN
Como unha mosca que peta no cristal
Dalgunha fiestra para poder escapar
Salgadas bágoas aumentan o caudal
Do río seco da túa frustración
DI TI SE ASÍ ESTÁ BEN, TOLO CUSPINDO FEL
AGORA ES MÁIS FORTE? PERDECHES O NORTE
Buscas o aire na fondeira abisal
Burbulla eterna de medo e de rencor
Cego con vista, non é o teu lugar
DIME, QUE QUERES VER? QUE É O QUE QUERES SABER?
TI ES UNHA MOSCA ESGOTANDO AS FORZAS
DI TI SE ASÍ ESTÁ BEN, TOLO CUSPINDO FEL
DESPRECIAS A SORTE, PROCURANDO O NORTE
DEMO, QUE QUERES VER?
TODO AQUÍ ESTÁ BEN
Miguel Folgueira
ITH
|
||||
11. |
Explicación
04:17
|
|
||
EXPLICACIÓN
Creo estar en silencio cando todo rompe aquí
Non se escoita o alento nin os berros saen de min
É a dor dunha pedra cravada no pulmón
A ferida de guerra dunha loita a traizón
E MARCHO, E FALO, E CALO
QUE TEÑO QUE DICIRCHE
O QUE TEÑO DE MALO x2
E MARCHO, E FALO, E CALO... x2
Non ten explicación x4
Ooh x5
Ohh!!!!
Belém Tajes
ITH
|
||||
12. |
Ansiedade
05:50
|
|
||
ANSIEDADE
Sobrevivín, da dor fuxín
Quixen probar e ver que podía pasar
Onde acabei? Por que? Non o sei
Fobia me dá que te volvas achegar
Lixo de tremer que me impide ser
aquilo que eu adoitaba ser
Alerta que non deixa que viva o presente
do futuro estou pendente
Lixo…
Alerta…
E tremer, e tremer, e tremer, basta! x 2
E tremer, e tremer, e tremer, e tremer!
QUE É O QUE NON ME DEIXA VER?
É UN QUERER E NON PODER
DESESPERACIÓN, SEN TON NIN SON
QUE É O QUE...
Atemorización
E tremer…
QUE É O QUE NON ME DEIXA VER?
É UN QUERER E NON PODER
DESESPERACIÓN, SEN TON NIN SON
QUE É O QUE...
Atemorización
Lucía da Fonte / Xaneiro 2014
ITH
|
||||
13. |
Ith
05:58
|
|
||
ITH
Soñabas que había unha orbe ao norte da Brigantia
Medras, e convérteste nun rexo guerreiro
Dende o máis alto da torre a túa intuición faite crer
Que unhas terras ao lonxe estás a ver
Marchas e chegas a ese lugar, a Eirín, verde Eirín
Como a húmida Gallaecia
“Que ben!”-pensaches-“Que pracer!”
Ata que certo cheiro a guerra faite estremecer
Se tentaches pór a paz
Outros entenderon o teu obrar
Dende un diferente ollar
E FORON POR TI, AS TÚAS ENTRAÑAS VOARON
BEN LONXE, BEN LONXE, VOARON
DICÍA TEU PAI: “NON BAIXES DO CABALO”
BAIXACHES, BAIXACHES... VOACHES
Lucía da Fonte / Novembro 2014
ITH
|
Ith GA, Spain
Ith é un príncipe celta que dá nome ao grupo de rock de Xanceda (Mesía, A Coruña) e arredores, que mantén o principio de facer rock galego e en galego. A súa música pódese escoitar na meirande parte das plataformas dixitais como Spotify, SoundCloud, BandCamp ou Youtube. En espazos como Facebook, Instagram ou Twitter pode verse material dalgúns dos seus concertos e estar ao tanto de todas as novas ... more
Streaming and Download help
Ith recommends:
If you like Ith, you may also like:
Bandcamp Daily your guide to the world of Bandcamp