1. |
Aloumiños que festexan
03:27
|
|||
Ese alento que non chega, que non sacia, que se apega, que desgasta e envelena de aloumiños que festexan
Ese tempo que se gasta, que non rende, que se afasta, que pretende a estirada de segundos que non bastan
O sol que ves ao fondo é quen máis sabe de todo
El darache a enerxía para enchufarte a esta vida
|
||||
2. |
O indefendible
03:08
|
|||
Se non estás satisfeita do que deches de ti
Se miras cara a atrás e non che apetece seguir
Quizais sexa o momento de saír de aquí
Quizais sexa o momento de saír de aquí...
correndo!
Se non te escoitaron, non quixeron oír
A túa opinión non foron quen de dixerir
Quizais sexa o momento de saír de aquí
Quizais sexa o momento de saír de aquí...
Correndo!
Por un tempo non quero escoitar
Por un tempo hai que parar
Por un tempo hai que defender......
O indefendible......
Correndo!
|
||||
3. |
Fasquía de cristal
04:17
|
|||
El quixo atravesar a fasquíade cristal escoitando as vagas que proviñan do mar... do mar, do máis alá
Buscaba o fresco ar do que tanto escoitara falar
E quedou en nada, e quedou en nada
Nada, nada, nada
Cando o pescozo alzou non houbo conmiseración
A vida non condonou, non, non tivo conmiseración
E quedou en nada, e quedou en nada
O río que descorre no seu corpo caducou, caducou
Rodopíos que daban voltas, que daban calor, calor
Quedaron fríos e álxidos
Fríos, álxidos
E quedou en nada
A vida non é nada
Que é a vida?
A vida non é nada
Nada...
|
||||
4. |
Sen mirar atrás
03:45
|
|||
Mentres todo está parado eu termo e agardo, pouco tempo, xa ves, e a terra comeza a tremer
Todo ben mentres eu calo, o tempo foxe e eu amarro, preparo cordas, lazos, cos bos consellos gardados
Ensaio artes para tocarte, estratexias varias para chegar, pecho os ollos para soñarte e non voltar espertar
Bailo o ruído da túa sombra, cando pasas vexo as cores da túa voz cando me falas
Arrinco o tempo de entre as horas cando faltas, e ao fin nunca chego para estar aí
Ensaio artes para tocarte, estratexias varias para chegar, pecho os ollos para soñarte e non voltar espertar
No peto mil recordos de onte e catro notas de papel, algún plan para escaparnos por se todo empeza a arder?
Baixaremos deste barco para facer camiño a pé, aproveitando o que levamos sen desexos de volver
Por carreiros de futuro, man a man, pel con pel, que o vieiro ben andado non nos deixará caer
|
||||
5. |
Máis aló
04:02
|
|||
No contexto no que non queda senón resignación
Non entendo a incongruencia desta situación:“si, aquí estou”; “agora non, agora si, agora teño que fuxir”
Fun obrando así desatendendo o meu polo das demais, buscando un oco e loitando por el
Ninguén nunca puxo solución ao enigma que se presentou
Unha vez que nada inflúe no teu arredor
Sabes que iso é improbable, non pensaches, non?“si, aquí estou”; “agora non, agora si, agora teño que fuxir”
Cando a túa mente está centrada e non tes espazo máis
Egoísmo que te leva a pasar de todo o “conto” polo “ben grupal”
Xa outras che contarán
E cando chega o momento e hai que ir máis aló, estás soa
|
||||
6. |
(Des) estimativa
05:27
|
|||
Advirtamos que quen chama ao seu criado denota a súa propia inferioridade Irremediable, irrefutable
Cremos ser independentes, ninguén nos manda, ninguén coarta
E en cambio nós esiximos e ordenamos ás demais
Poder é querer, querer non é poder
Quen non quita os seus zapatos porque non quere
Quen agarda o vaso de auga é que non cede
Quen non quita os seus zapatos porque non debe
Quen agarda o vaso de auga morre de sede
É igual ao rei cos seus prexuízos que tenden a esconder a vacuidade nel Iguálase a quen non escolleu e ten a condición de ser e non poder vencer Iguálase en canto a condición social, moral, superficial
Poder é querer, querer non é poder
|
||||
7. |
Frear o momento
04:32
|
|||
Devezo por parar o tempo, por deter o espello, por frear o momento de deixar de acariñar
Non dá para pensar agora, termo do aire fóra, nin para reflexionar sobre o que estás a imaxinar
É como non querer admitir o que me está a transformar
Un proceso medio natural que se afasta do convencional
|
||||
8. |
O destino
04:07
|
|||
Onde fuxides vós?
De que escapades?
Contádenolo!
E que vieiro ides seguir?
Se non sabedes nin por onde ir!
Un, remexes e chafallas
Buscas na néboa o que che falta
Dous, dispós e clasificas
Silencias trazos da túa alma
E tres, deteste e contas ata tres, procesas o que vés de facer, no que te tes que conter
Nin o un, nin o dous, nin o tres son suficientes para crer que non hai volta atrás, que non se pode virar a folla na que supostamente está escrito o destino
Onde fuxides vós?
Se non sabedes nin por onde ir!
|
Ith GA, Spain
Ith é un príncipe celta que dá nome ao grupo de rock de Xanceda (Mesía, A Coruña) e arredores, que mantén o principio de facer rock galego e en galego. A súa música pódese escoitar na meirande parte das plataformas dixitais como Spotify, SoundCloud, BandCamp ou Youtube. En espazos como Facebook, Instagram ou Twitter pode verse material dalgúns dos seus concertos e estar ao tanto de todas as novas ... more
Streaming and Download help
Ith recommends:
If you like Ith, you may also like:
Bandcamp Daily your guide to the world of Bandcamp