Terapia Breve

from by Ith

/

about

É un tema de composición propia.

lyrics

TERAPIA BREVE




Cando dámos máis peso ao pensamento que ao sentimento
Hedonismo que nos caracteriza
Ostentación, maldita ostentación que deberiamos facer
mais da única riqueza que posuímos: o sorriso

Fármaco potencial, un cosmético antienvellecemento
Que nos coida, que nos guía, que abriga…



Somos responsables da nosa propia prosperidade
Que non se pode entender sen esforzo e suor
A clave é a conxugación do verbo compartir
E canto máis se fai, máis se é feliz

E se hai que cambiar e ao empeño chamar
A destreza de adaptarse ao que hai
Buscando máis alá x3



Aprender a vivir, esa materia que suspendemos
Como exemplo a seguir, a peregrinaxe



Xa ves, que envellecemos dende a fecundación
Xa ves, que sen sacrificio non hai satisfacción



Aprender a vivir, esa materia que suspendemos
Como exemplo a seguir, a peregrinaxe

O pracer en si non trae a felicidade
Só se é feliz ignorando a futilidade





Lucía da Fonte / Setembro 2014
ITH

credits

from FORTE, track released February 4, 2015
FORTE foi gravado en Curtis entre decembro do 2014 e febreiro do 2015.
Ith son:
Lucía da Fonte- Voz
Gonzalo Suárez- Baixo e coros
Toxo- Guitarra
Miguel Iglesias- Guitarra e coros
Miguel Folgueira- Batería

tags

license

about

Ith GA, Spain

Ith, o grupo de rock que toma o seu nome do fillo de Breogán, estrea neste 2015 o seu proxecto “FORTE”. Este último traballo está cheo de temas que navegan entre o Rock e o Pop máis enérxico. Todas as cancións están escritas en galego e son de composición propia. Toda una aposta “FORTE”. ... more

contact / help

Contact Ith

Streaming and
Download help