We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

O m​í​nimo que o cont​é​n todo

by Ith

supported by
/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

1.
O dez por cen da túa vida está ligado ao que che pasa e o noventa restante vai á par de como o afrontas, de como reaccionas ao que te coacciona Se o recordo é o único do que realmente somos donos Se o obxectivo do benestar é encararse á morte Crea, que saia de ti! Crea, deixa as ideas saír! Co teu maxín, coas túas mans, teu liberar, imaxina Co teu maxín, coas túas mans, desnúdate, imaxina A culpa sempre absorbe, e dálle un bo corte Crea, e voa cara ao norte! Crea, verás que así non morre! (Autora: Lucía Casal de la Fuente)
2.
Só Eu 03:45
Xa non me doen os ollos nin a boca coa que falo Dóeme o peito polo que vexo tamén polo que calo Os meus vanse indo, tan só quedamos dous eu e a miña calma estraña, preludio dun adiós Vai chegando o orballo do norte e amodiño vaime contando as cousas como son miradas baixas, ninguén ao meu carón E agora voume deixar estar, mergullarme en min e respirar Pedirlle ao mundo por favor non molestar Será a terra que nos trague virá a morte por nós en calquera dos casos de ti non quero nada irmán maior (Autor: Miguel Iglesias Reviejo)
3.
Investimento indirectamente proporcional ao capital pousado no chan Polo que se apostou, polo que se forxou Esa postura que desafía vai estourar e zafrear até acorar Pola que se apostou, pola que se forxou Pola que se roubaron, foron roubados os soños arelados Pola que se apostou, pola que se forxou Pola que se roubaron, foi roubado un ideal Desisto de marchar Desisto de deixar o meu berce, a miña terra unha vez máis Desisto de afastar Desisto de abandonar o meu berce, a miña terra, o meu lar Desisto de deixar o meu lar! (Autora: Lucía Casal de la Fuente)
4.
Desvendar 03:09
Cando tes unha venda que non te deixa ver Cando doe a fenda que non escolliches ter Só tes que pensar como vas remediar o que non te convence Se non achas pegada que te leve a aquilo que ousas no teu rumbo Saca azos do alén Primeiro terás que analizar todo o que non presta, non o deixes quedar Deixa de amolar, deixa de raiar Racha co escuro: tes a luz, ben preto está Salta xa! Querer ver sen ter con que é case o peor que nos pode suceder (Autora: Lucía Casal de la Fuente)
5.
Fiz 03:36
Decorren as xornadas lentamente nesta casa de amor de caramelo Labrada en pedra, a golpe de martelo Para nos gorecer eternamente Após fica o pasado. É o presente o que vivimos dun xeito sinxelo Amándonos de fronte e de carreiro cunha paixón sutil e permanente Neste lar agardamos o futuro Erguendo unha bandeira de asexanza Para mañá cedo ter vieiro seguro (Autor: Fiz Vergara Vilariño
6.
Algunha vez sentiches que non tes por onde ir, non hai camiño para seguir? Algunha vez notaches que o teu instinto vai rir, rir de ti? Non ves saída, non tes gorida onde te meter sen ferramentas, sen marionetas, iso é o medo a perder A que tes medo, a que? A perder Algunha vez pensaches que ese medo pode ser que chegue a desaparecer? Algunha vez fixeches algo para que iso deixe de ser o que é? Se tes un soño e non o traballas, onde pensas que estás? E colle a testa, e bate nela, esperta e ponte a suar (Autora: Lucía Casal de la Fuente)
7.
Chegamos a un lugar ignoto cunha carga infinda de preconceptos e recomendacións Dalgún xeito esas ideas van mudando, as hipóteses que imos validando no percorrido da nosa estadía O día a día dános datos para o noso diario de campo que completamos co que experimentamos E filtramos a través dos nosos ollos, e canalizamos os sentimentos que non podemos ocultar O mínimo que o contén todo... (Autora: Lucía Casal de la Fuemte)

about

“O mínimo que o contén todo” é un disco gravado, producido e mesturado en Abrigueiro Estudios (Friol - Lugo) por Arturo Vaquero. Contén seis temas de composición propia, así como un poema musicado polo grupo do poeta samanense Fiz Vergara Vilariño. Continúan mantendo neste álbum o espírito de facer rock galego e en galego, aínda que con novas ideas e sons que a banda -Lucía, Miguel, Toxo, Gonzalo e Folgueira- quixo deixar plasmados nel. A temática das cancións vai dende a sempre presente reivindicación, necesaria en toda sociedade, ata o máis puro sentimento e emoción.

credits

released January 15, 2018

license

tags

about

Ith GA, Spain

Ith é un príncipe celta que dá nome ao grupo de rock de Xanceda (Mesía, A Coruña) e arredores, que mantén o principio de facer rock galego e en galego. A súa música pódese escoitar na meirande parte das plataformas dixitais como Spotify, SoundCloud, BandCamp ou Youtube. En espazos como Facebook, Instagram ou Twitter pode verse material dalgúns dos seus concertos e estar ao tanto de todas as novas ... more

contact / help

Contact Ith

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this album or account

Ith recommends:

If you like Ith, you may also like: