We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

FORTE

by Ith

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

1.
Día Novo 03:32
DÍA NOVO Negro Todo era negro e borrou Certo Nada era certo e pechou O solpor dun día novo chegou Un día novo chegou O QUE ERA MÁIS NEGRO A GRISALLA TORNOU O QUE ERA MÁIS BRANCO EN ESPERANZA MUDOU O QUE ERA VERMELLO UN SORRISO ALUMOU E BRILLOU, E BRILLOU, E BRILLOU… UN DÍA NOVO CHEGOU UN DÍA NOVO CHEGOU Esperto, un día esperto e vexo Advirto que algo a belo trocou O esplendor dun día novo chegou Un día novo chegou O QUE ERA MÁIS NEGRO... E cambiou, a miña vida cambiou E sorrín, dun día a outro sorrín… x2 E sorrín, e sorrín, e vivín Dun día a outro sorrín, e sorrín e vivín… Lucía da Fonte / Xuño 2014 ITH
2.
HOXE POR TI E MAÑÁ POR TI E QUERO, E SINTO, QUE TEÑO GANAS DE SORRIR DEBUXO, ADIVIÑO, EU VISUALIZO UN NOVO PORVIR E PENSO, NON PENSO NO QUE PODEREI VIVIR E SOÑO, NON É UN SOÑO, É A RIQUEZA DO MEU EXISTIR QUE XA NINGUÉN VAI DECIDIR x2 Alma dos seráns, hilaridade sen termo, arroupada sempre estiven Infames influxos que lles fixeron facer O que o corazón non quería crer Infames influxos E QUERO… Mais de vez en cando cómpre pensar Que a alma da xente non é de metal Aínda que saque sorrisos de onde non os hai Talvez estea mal Vivencias coas que medrei Bo alento, mal alento, que máis dá! Foi un descubrir Que un “hoxe por ti e mañá por min” Eran só palabras que querían dicir “Hoxe por ti e mañá por ti” Porque era un dar e non recibir Cega, ignorante de min Descoñecía a explicación A realidade do seu influír E XA NINGUÉN VAI DECIDIR x2 Lucía da Fonte / 2007- 2014 ITH
3.
Non son Eu 03:44
NON SON EU Axitación pola miña instrución Ocupación do meu tempo, onde deixei a razón? Onde? x2 Non podo andar, rebento a chorar Cavilar sen parar do que me espera no máis alá Onde? x2 BUSCO, ATOPO, NON PODO, SUSPIRO ENFERMO, PADEZO, NON VEXO, NON SINTO X2 Se o pago contigo, perdoa Se che berro e che digo, perdoa! Non son eu x4 BUSCO... X2 Lucía da Fonte / Abril 2009 ITH
4.
RECORDOS QUE AÍNDA MANCAN Conserva o que tes Relega o que morde Loita polo que envexas Indulta a quen te fira Conserva… E PASAMOS A VIDA ESPERANDO QUE PASE ALGO E ESE ALGO PODE SER QUE NON CHEGUE PODE SER QUE TE CEGUE PODE SER O QUE ESPERES DEL X2 Por iso, fai o que queiras facer Antes de que se converta no que che gustaría ter feito Por iso, que non se adhiran a ti os medos que non te deixan sorrir De tempos que van rancios Non fagas da túa vida un borrador Talvez non teñas tempo de pasalo a limpo E PASAMOS… Desfruta de quen te ama Non xulgues o valor do que che pasa Ata que se disfraza De recordos que aínda mancan Desfruta… Lucía da Fonte / Febreiro 2014 ITH
5.
LOITAR POR SER E lembro aquí como te coñecín Non minto se digo que non te vin Agora ves aquilo que te empeñabas ... en non ver? ... en non querer crer? ... en non poder saber? ... en non loitar por ser? Atendía o teu conversar De Parca e loito, quen saberá? Dubidaba que era mellor De non pensar, debo actuar Tendinche a man, collíchesma Mais sen razoar Inxenua naqueles anos Pululabamos nas noites As noites de Compostela Da Carraca á Berenguela A flor murchou, no estío voou Outono marrón, na neve esvarou Non vimos o sol Quizais eu si Mais ti non Xa non hai sol Non tes máis sol Non tes máis ar Non podes, non podes, non podes, non podes respirar Nada de ti, non, nada de min Onde estás? Con quen vas? Xa non estás non, xa non estás! Lucía da Fonte / Abril 2014 ITH
6.
TERAPIA BREVE Cando dámos máis peso ao pensamento que ao sentimento Hedonismo que nos caracteriza Ostentación, maldita ostentación que deberiamos facer mais da única riqueza que posuímos: o sorriso Fármaco potencial, un cosmético antienvellecemento Que nos coida, que nos guía, que abriga… Somos responsables da nosa propia prosperidade Que non se pode entender sen esforzo e suor A clave é a conxugación do verbo compartir E canto máis se fai, máis se é feliz E se hai que cambiar e ao empeño chamar A destreza de adaptarse ao que hai Buscando máis alá x3 Aprender a vivir, esa materia que suspendemos Como exemplo a seguir, a peregrinaxe Xa ves, que envellecemos dende a fecundación Xa ves, que sen sacrificio non hai satisfacción Aprender a vivir, esa materia que suspendemos Como exemplo a seguir, a peregrinaxe O pracer en si non trae a felicidade Só se é feliz ignorando a futilidade Lucía da Fonte / Setembro 2014 ITH
7.
E LOGO… QUE? Falecer sen querer Coa vontade de alcanzar Un lugar que nin sequera se ve Demoler o cotián Sen saber onde ir parar Pregunto: Para que? Por que? … o que? REDES QUE NON ESTÁN QUE SE PERDEN, QUE NON VOLVERÁN TRANQUILA, QUE A VIDA OUTROS LAZOS TRAERÁ CAVILANDO MOITAS VECES CUESTIONO: ATA ONDE SE DEBE CHEGAR? ATA ONDE VALE A PENA APOSTAR? x2 ... E LOGO... QUE? Se é que hai un obxectivo claro faimo ver Se é que esta é a forma, déixame! E cando o humano perde a razón de ser Eu xa non quero optar a ese poder REDES QUE NON ESTÁN... x2 ... E LOGO... QUE? x2 Lucía da Fonte / Xullo 2014 ITH
8.
Deixa 04:09
DEIXA Necesariamente vivo producindo unha ficción para o meu sentido Na feitura desta escura habitación, cantas horas por finxir? Necesariamente morto para valer un prezo e unha razón E seguir finxindo unha e outra vez neste circo interminable de dor Uuuuuuuuu u huuuu Uuuuu, huuuu Non hai saída non hai solución x3 non hai saída non, non, non… Deixa os teus escudos para loitar Deixa o que non queiras realizar Deixa que te leve a outro lugar Deixa que, deixa que, deixa que… Outra vez habemos de empezar x3 Outra vez … Belém Tajes ITH
9.
Django 03:28
DJANGO Non teme á luz, non teme á negritude Non teme á vida, non teme á morte Non teme a quen pregunta Non teme a deus, non Non teme a quen pode vir Non teme a quen lle di que non RESPIRA, E MIRA, E FAITE FORTE X3 Non teme á lúa, non teme ao aviso fatuo Non teme enriba, non teme embaixo Non teme a quen pregunta... RESPIRA, E MIRA, E FAITE FORTE X4 Non teme á sorte, non teme a quen lle importe Non teme á vida, non teme á morte Non teme a quen pregunta... Non teme á sorte... Non teme a quen pregunta... RESPIRA, E MIRA, E FAITE FORTE X2 Belém Tajes ITH
10.
Está Ben 03:37
ESTÁ BEN Como unha mosca que peta no cristal Dalgunha fiestra para poder escapar Salgadas bágoas aumentan o caudal Do río seco da túa frustración DI TI SE ASÍ ESTÁ BEN, TOLO CUSPINDO FEL AGORA ES MÁIS FORTE? PERDECHES O NORTE Buscas o aire na fondeira abisal Burbulla eterna de medo e de rencor Cego con vista, non é o teu lugar DIME, QUE QUERES VER? QUE É O QUE QUERES SABER? TI ES UNHA MOSCA ESGOTANDO AS FORZAS DI TI SE ASÍ ESTÁ BEN, TOLO CUSPINDO FEL DESPRECIAS A SORTE, PROCURANDO O NORTE DEMO, QUE QUERES VER? TODO AQUÍ ESTÁ BEN Miguel Folgueira ITH
11.
Explicación 04:17
EXPLICACIÓN Creo estar en silencio cando todo rompe aquí Non se escoita o alento nin os berros saen de min É a dor dunha pedra cravada no pulmón A ferida de guerra dunha loita a traizón E MARCHO, E FALO, E CALO QUE TEÑO QUE DICIRCHE O QUE TEÑO DE MALO x2 E MARCHO, E FALO, E CALO... x2 Non ten explicación x4 Ooh x5 Ohh!!!! Belém Tajes ITH
12.
Ansiedade 05:50
ANSIEDADE Sobrevivín, da dor fuxín Quixen probar e ver que podía pasar Onde acabei? Por que? Non o sei Fobia me dá que te volvas achegar Lixo de tremer que me impide ser aquilo que eu adoitaba ser Alerta que non deixa que viva o presente do futuro estou pendente Lixo… Alerta… E tremer, e tremer, e tremer, basta! x 2 E tremer, e tremer, e tremer, e tremer! QUE É O QUE NON ME DEIXA VER? É UN QUERER E NON PODER DESESPERACIÓN, SEN TON NIN SON QUE É O QUE... Atemorización E tremer… QUE É O QUE NON ME DEIXA VER? É UN QUERER E NON PODER DESESPERACIÓN, SEN TON NIN SON QUE É O QUE... Atemorización Lucía da Fonte / Xaneiro 2014 ITH
13.
Ith 05:58
ITH Soñabas que había unha orbe ao norte da Brigantia Medras, e convérteste nun rexo guerreiro Dende o máis alto da torre a túa intuición faite crer Que unhas terras ao lonxe estás a ver Marchas e chegas a ese lugar, a Eirín, verde Eirín Como a húmida Gallaecia “Que ben!”-pensaches-“Que pracer!” Ata que certo cheiro a guerra faite estremecer Se tentaches pór a paz Outros entenderon o teu obrar Dende un diferente ollar E FORON POR TI, AS TÚAS ENTRAÑAS VOARON BEN LONXE, BEN LONXE, VOARON DICÍA TEU PAI: “NON BAIXES DO CABALO” BAIXACHES, BAIXACHES... VOACHES Lucía da Fonte / Novembro 2014 ITH

about

Ith, o grupo de rock que toma o seu nome do fillo de Breogán, estrea neste 2015 o seu proxecto “FORTE”. Este último traballo está cheo de temas que navegan entre o Rock e o Pop máis enérxico. Todas as cancións están escritas en galego e son de composición propia. Toda una aposta “FORTE”.

credits

released February 4, 2015

FORTE foi gravado en Curtis entre decembro do 2014 e febreiro do 2015.
Ith son:
Lucía da Fonte- Voz
Gonzalo Suárez- Baixo e coros
Toxo- Guitarra
Miguel Iglesias- Guitarra e coros
Miguel Folgueira- Batería

license

tags

about

Ith GA, Spain

Ith é un príncipe celta que dá nome ao grupo de rock de Xanceda (Mesía, A Coruña) e arredores, que mantén o principio de facer rock galego e en galego. A súa música pódese escoitar na meirande parte das plataformas dixitais como Spotify, SoundCloud, BandCamp ou Youtube. En espazos como Facebook, Instagram ou Twitter pode verse material dalgúns dos seus concertos e estar ao tanto de todas as novas ... more

contact / help

Contact Ith

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this album or account

Ith recommends:

If you like Ith, you may also like: