We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Frear o momento

by Ith

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €10 EUR  or more

     

1.
Ese alento que non chega, que non sacia, que se apega, que desgasta e envelena de aloumiños que festexan Ese tempo que se gasta, que non rende, que se afasta, que pretende a estirada de segundos que non bastan O sol que ves ao fondo é quen máis sabe de todo El darache a enerxía para enchufarte a esta vida
2.
Se non estás satisfeita do que deches de ti Se miras cara a atrás e non che apetece seguir Quizais sexa o momento de saír de aquí Quizais sexa o momento de saír de aquí... correndo! Se non te escoitaron, non quixeron oír A túa opinión non foron quen de dixerir Quizais sexa o momento de saír de aquí Quizais sexa o momento de saír de aquí... Correndo! Por un tempo non quero escoitar Por un tempo hai que parar Por un tempo hai que defender...... O indefendible...... Correndo!
3.
El quixo atravesar a fasquíade cristal escoitando as vagas que proviñan do mar... do mar, do máis alá Buscaba o fresco ar do que tanto escoitara falar E quedou en nada, e quedou en nada Nada, nada, nada Cando o pescozo alzou non houbo conmiseración A vida non condonou, non, non tivo conmiseración E quedou en nada, e quedou en nada O río que descorre no seu corpo caducou, caducou Rodopíos que daban voltas, que daban calor, calor Quedaron fríos e álxidos Fríos, álxidos E quedou en nada A vida non é nada Que é a vida? A vida non é nada Nada...
4.
Mentres todo está parado eu termo e agardo, pouco tempo, xa ves, e a terra comeza a tremer Todo ben mentres eu calo, o tempo foxe e eu amarro, preparo cordas, lazos, cos bos consellos gardados Ensaio artes para tocarte, estratexias varias para chegar, pecho os ollos para soñarte e non voltar espertar Bailo o ruído da túa sombra, cando pasas vexo as cores da túa voz cando me falas Arrinco o tempo de entre as horas cando faltas, e ao fin nunca chego para estar aí Ensaio artes para tocarte, estratexias varias para chegar, pecho os ollos para soñarte e non voltar espertar No peto mil recordos de onte e catro notas de papel, algún plan para escaparnos por se todo empeza a arder? Baixaremos deste barco para facer camiño a pé, aproveitando o que levamos sen desexos de volver Por carreiros de futuro, man a man, pel con pel, que o vieiro ben andado non nos deixará caer
5.
Máis aló 04:02
No contexto no que non queda senón resignación Non entendo a incongruencia desta situación:“si, aquí estou”; “agora non, agora si, agora teño que fuxir” Fun obrando así desatendendo o meu polo das demais, buscando un oco e loitando por el Ninguén nunca puxo solución ao enigma que se presentou Unha vez que nada inflúe no teu arredor Sabes que iso é improbable, non pensaches, non?“si, aquí estou”; “agora non, agora si, agora teño que fuxir” Cando a túa mente está centrada e non tes espazo máis Egoísmo que te leva a pasar de todo o “conto” polo “ben grupal” Xa outras che contarán E cando chega o momento e hai que ir máis aló, estás soa
6.
Advirtamos que quen chama ao seu criado denota a súa propia inferioridade Irremediable, irrefutable Cremos ser independentes, ninguén nos manda, ninguén coarta E en cambio nós esiximos e ordenamos ás demais Poder é querer, querer non é poder Quen non quita os seus zapatos porque non quere Quen agarda o vaso de auga é que non cede Quen non quita os seus zapatos porque non debe Quen agarda o vaso de auga morre de sede É igual ao rei cos seus prexuízos que tenden a esconder a vacuidade nel Iguálase a quen non escolleu e ten a condición de ser e non poder vencer Iguálase en canto a condición social, moral, superficial Poder é querer, querer non é poder
7.
Devezo por parar o tempo, por deter o espello, por frear o momento de deixar de acariñar Non dá para pensar agora, termo do aire fóra, nin para reflexionar sobre o que estás a imaxinar É como non querer admitir o que me está a transformar Un proceso medio natural que se afasta do convencional
8.
O destino 04:07
Onde fuxides vós? De que escapades? Contádenolo! E que vieiro ides seguir? Se non sabedes nin por onde ir! Un, remexes e chafallas Buscas na néboa o que che falta Dous, dispós e clasificas Silencias trazos da túa alma E tres, deteste e contas ata tres, procesas o que vés de facer, no que te tes que conter Nin o un, nin o dous, nin o tres son suficientes para crer que non hai volta atrás, que non se pode virar a folla na que supostamente está escrito o destino Onde fuxides vós? Se non sabedes nin por onde ir!

about

“Frear o momento” é o quinto traballo discográfico de Ith. Os oito temas que o conforman beben da creatividade dos últimos dous anos. Fieis ao puro estilo da música rock, os temas tratan temas ben diversos entre si, mais todos xiran arredor dun eixo común: a reflexión.

O disco abre co tema de presentación do disco: “Aloumiños que festexan”, unha peza rockandrollera inspirada na enerxía que poden chegar a quitar e a achegar ao mesmo tempo as crianzas á vida das persoas adultas. A este primeiro tema séguelle “O indefendible”, que non é senón un canto ao “terra, trágame”: algo co que non te identificas é, xa que logo, un “produto” indefendible. A terceira canción leva por título “Fasquía de cristal”, un medio tempo pesimista que filosofa sobre a enfermidade e sobre a lóxica desta vida. Con “Sen mirar atrás” o grupo muda de discurso cara ao optimismo e a esperanza: a vida só é unha, polo que cómpre aproveitala e amar a quen se ama, sen prexuízos nin estereotipos, mesmo se iso implica deixar atrás media vida e romper con clixés sociais. “Máis aló” é un canto ao activismo e á necesidade de crear piña para mellorar as condicións dos colectivos. Trátase dun berro de rexeitamento ao egoísmo. A sexta canción titúlase “(Des)estimativa”, un tema con moita forza que toma forma de crítica á sociedade estamental (que non clasista) na que algunhas persoas cren vivir. A letra insiste na pouca capacidade que moitas veces temos de estimar o valor dos acontecementos.

Esta vai seguida por “Frear o momento”, que dá nome ao disco, unha composición convertida nunha lección de vida que deixa claro que os sentimentos non se escollen, polo que non se debe ir en contra deles. “O destino” pon o broche final ao disco, teimando en que o destino non está escrito, polo que cómpre avanzar e abrir moitos camiños, pois nalgún deles atoparemos o noso sitio. “Frear o momento” é un disco autoproducido por Ith e gravado en Abrigueiro Estudios (Friol, Lugo), da man de Arturo Vaquero, entre os meses de outubro e novembro de 2020.

credits

released January 26, 2021

license

tags

about

Ith GA, Spain

Ith é un príncipe celta que dá nome ao grupo de rock de Xanceda (Mesía, A Coruña) e arredores, que mantén o principio de facer rock galego e en galego. A súa música pódese escoitar na meirande parte das plataformas dixitais como Spotify, SoundCloud, BandCamp ou Youtube. En espazos como Facebook, Instagram ou Twitter pode verse material dalgúns dos seus concertos e estar ao tanto de todas as novas ... more

contact / help

Contact Ith

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this album or account

Ith recommends:

If you like Ith, you may also like: